Tuesday, May 16, 2006


Tras licenciarse en Medicina en 1860, Pondal estableceuse en Ferrol como médico da Armada Española. Neste ano saiu á luz no Álbum de la Caridad "A campana de Anllóns", o seu primeiro poema en galego. Un ano máis tarde preparou oposicións en Madrid para ingresar no corpo de Sanidade Militar, mais, tras conseguir un posto en Asturias, deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a profesión médica. Desde entón dedicouse por completo ao cultivo da poesía. Instalado desde entón na súa vila natal e na Coruña, Pondal contactou co hipotético pasado celta da Galiza na tertulia da Libraría Carré, alcumada "Cova Céltica", e accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir. No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos, conformará o himno galego, con música de Pascual Veiga. Pondal, poeta oficial do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica. No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publicadas. Neste sentido, non resulta estraño que de Os Eoas, un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano, o autor só publicase un primeiro esbozo en 1858.

Manuel Murguía era fillo de dona Concepción Murguía e don Juan Martínez. Este era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.
A partir de 1845 comezou a estudar filosofía, carreira na que acadará o bacharel en 1950, e ó mesmo tempo farmacia, carreira que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixéronno abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba entorno ao "Liceo de la Juventud", onde se daban cita estudiantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro. Aos dezasete publicou a súa primeira novela, Desde el cielo.
En 1854 Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbume de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". Murguía tamén colaboraba en xornais e revistas da época como La Iberia e Las Novedades, nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Desde el Cielo", "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos", que o fixeron aparecer como unha das promesas literarias do momento.
Murguía relacionouse en Madrid, onde se trasladara para rematar a carreira, con escritores como os Irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer, e tamén con Rosalía de Castro. Redixiou unha crítica de La Flor, o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o 10 de outubro de 1858 casaron na madrileña igrexa de San Idelfonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como Cantares Gallegos, considerada o inicio do Resurximento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.
Algo que debemos considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se adicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.
Co motivo do nacemento da súa primeira filla publicou La Primera Luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza. En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en 1865 marchou a vivir para Lugo, onde editou a Historia de Galicia. En 1870 foi nomeado Xefe de Arquivo Xeral de Galicia e máis tarde, no 85, Cronista Xeral do Reino. No 86 (ano en que morreu Rosalí) publicou Los precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega. No ano 1890, Murguía dirixiu xunto con Alfredo Brañas La Patria Gallega, boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza. Foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.
Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de A Cova Céltica. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría até á súa morte.
Manuel Murguía finou o 2 de febreiro de 1923, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2000. A revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía na súa honra.


Curros Enríquez foi un dos escritores preferidos polos lectores do seu tempo. Sen dúbida porque coa súa poesía denunciou as inxustizas (foros, opresión, emigración...) e defendeu as ideas de progreso. Asentou unha tradición de poesía combativa comprometida que continuarán numerosos autores (Cabanillas, Celso Emilio...). Pondal , autor do Himno galego, buscou as raíces prehistóricas do seu pobo, salientando o elemento culto, para engrandecelo a partir da súa individualidade. Tentou afianza-lo galego como lingua literaria e culta.Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.A consolidación da prosa galega non se produce ata o século XX, mais a fins do XIX hai xa precedentes salientables: Maxina ou a filla espúrea, (1880) de Marcial Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de gran
Curros Enríquez foi un dos escritores preferidos polos lectores do seu tempo. Sen dúbida porque coa súa poesía denunciou as inxustizas (foros, opresión, emigración...) e defendeu as ideas de progreso. Asentou unha tradición de poesía combativa comprometida que continuarán numerosos autores (Cabanillas, Celso Emilio...). Pondal , autor do Himno galego, buscou as raíces prehistóricas do seu pobo, salientando o elemento culto, para engrandecelo a partir da súa individualidade. Tentou afianza-lo galego como lingua literaria e culta.Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.A consolidación da prosa galega non se produce ata o século XX, mais a fins do XIX hai xa precedentes salientables: Maxina ou a filla espúrea, (1880) de Marcial Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grande sona entre as clases populares foi O catecismo do labrego de Lamas Carvajal. A tecedeira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O niño de Pombas, converten ó seu autor, Antonio López Ferreiro, no mellor prosista da época.O xénero teatral foi o menos cultivado. Desde a publicación de A Casamenteira en 1812 ata a década dos oitenta non houbo actividade editorial relacionada co teatro.Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da lingua galega, esenciais para a súa normalización: Compendio de gramática gallega-castellana, de Francisco Mirás (1864); e Gramática Gallega, de Saco e Arce, un estudio serio do idioma galego.A presencia da lingua galega nos xornais contribúe grandemente a prestixia-lo idioma. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais integramente en galego, O Tío Marcos da Portela.O éxito deste xornal, con marcado carácter anticaciquil, resultou espectacular. Entre os anos 1886 e 1888 vaise consolidando o xornalismo en Galicia, coa aparición de novas iniciativas monolingües: O Galiciano, en Pontevedra; en Lugo, A Monteira; e As Burgas, en Ourense.Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).
de sona entre as clases populares foi O catecismo do labrego de Lamas Carvajal. A tecedeira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O niño de Pombas, converten ó seu autor, Antonio López Ferreiro, no mellor prosista da época.O xénero teatral foi o menos cultivado. Desde a publicación de A Casamenteira en 1812 ata a década dos oitenta non houbo actividade editorial relacionada co teatro.Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da lingua galega, esenciais para a súa normalización: Compendio de gramática gallega-castellana, de Francisco Mirás (1864); e Gramática Gallega, de Saco e Arce, un estudio serio do idioma galego.A presencia da lingua galega nos xornais contribúe grandemente a prestixia-lo idioma. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais integramente en galego, O Tío Marcos da Portela.O éxito deste xornal, con marcado carácter anticaciquil, resultou espectacular. Entre os anos 1886 e 1888 vaise consolidando o xornalismo en Galicia, coa aparición de novas iniciativas monolingües: O Galiciano, en Pontevedra; en Lugo, A Monteira; e As Burgas, en Ourense.Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).

Monday, April 17, 2006


Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela no ano 1837.
Entre outros libros escribiu Cantares Gallegos, co cal se situou como precursora, xunto con Curros e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia.
A publicacion de Cantares Gallegos en 1863, supón o inicio do Rexurdimento pleno. Rosalía, cun elevado exercicio linüistíco e literario prestixia o galego como lingua literaria e reivindica o seu uso. Ademáis tematicamente , a obra acada un evidente caracter sociopolitico, reflictindo as pesimas condicions que estaba soportando a sociedade rural do noso pais e reivindicando o galego fronte ao castelán e Galicia fronte a España. Procura, en definitiva, a defensa e redescuberta da nosa propia cultura e identidade, aldraxadas e case anuladas pola ideoloxia centralista estatal.
A pegada de Cantares Gallegos manifestase tanto na posterior producion literaria, como no mesmo pobo galego que ao se ver reflectido na obra aprende a ter conciencia da sua propia dignidade.

Friday, March 24, 2006

O termo megalitismo deriva da construción de enormes monumentos funerarios feitos con grandes pedras, que poden ser de diferente tipo:

  • circulos liticos ou crómlechs
  • menhires, en Galicia chamados pedras
  • mámoas, modias, medorras, medoñas

Pero tamén se relaciona coa revolución neolítica (paso dunha economía depredatoria e recolectora a unha econoía productora)

Este fenómeno desenvólvese en Galicia durante o terceiro milinia a.C. Os máis avundantes monumentos megalíticos son os sepulcros, formados dun túmulo, e un dólmen de moi grandes dimensións. No interior acubillaban os sepulcros onde se efectuaban os enterramentos. A existencia de mámoas confirma o culto aos mortos e a crenza nuhna vida de ultratumba.

O grande número de mámoas permite inducir que a poboación era densa e dispersa localizadas nas gándaras e penicháns. Polo tanto, existía unha economía baseada na agricultura completada co pastoreo, a gandería e praácticas depredatorias.

A sociedade megalítica non foi moi transcendental para a historia, asentada de forma moi dispersa no territorio e moi relixiosa.


O termo megalitismo deriva da construción de enormes monumentos funerarios feitos con grandes pedras, que poden ser de diferente tipo:

  • circulos liticos ou crómlechs
  • menhires, en Galicia chamados pedras
  • mámoas, modias, medorras, medoñas

Pero tamén se relaciona coa revolución neolítica (paso dunha economía depredatoria e recolectora a unha econoía productora)

Este fenómeno desenvólvese en Galicia durante o terceiro milinia a.C. Os máis avundantes monumentos megalíticos son os sepulcros, formados dun túmulo, e un dólmen de moi grandes dimensións. No interior acubillaban os sepulcros onde se efectuaban os enterramentos. A existencia de mámoas confirma o culto aos mortos e a crenza nuhna vida de ultratumba.

O grande número de mámoas permite inducir que a poboación era densa e dispersa localizadas nas gándaras e penicháns. Polo tanto, existía unha economía baseada na agricultura completada co pastoreo, a gandería e praácticas depredatorias.

A sociedade megalítica non foi moi transcendental para a historia, asentada de forma moi dispersa no territorio e moi relixiosa.

Wednesday, March 15, 2006

Provincialismo
O movemento galeguista arranca na década dos anos 30 do século XIX coa fase provincialista. Nese momento, durante a Década Moderada, xorde a chamada xeración de 1846, formada por intelectuais novos que descobren a singularidade de Galicia, o que lles leva a defender a unidade galega, baseada nuns trazos comúns (lingua, cultura, historia...), e unha autonomía política fronte a ameza que supón o centralismo gobernamental e a división en catro provincias. Así mesmo denuncian o atraso económico no que a rexión se atopa debido a política económica liberal e o ruralismo e illamento propio da xeografía galega. Fronte esta situación piden un esforzo rexenerador que leve ó aproveitamento da riqueza natural que Galicia posue.
Para levar á práctica este pensamento(divulgado en tertulias e liceos e, sobre todo, mediante a prensa) aproveitaron o pronunciamento de Solís de 1846 en Lugo. O que se iniciara como un típico pronunciamento progresista fracasa no resta de España, pero ten unha ampla repercusión en galicia e vaise provincializar coa creación da Xunta Superior do Goberno de Galicia presidida por Rodríguez Terrazo e da que Antolín Faraldo era secretario no seu manifesto denúnciase a situación de Galicia, "unha colonia da Corte", da que pretenden sacala coa súa política. A derrota de Solís na batalla de Cacheiras debeuse á inferioridade militar dos sublevados e a diversidade de obxectivos defendidos, que van desde o cambio de goberno(moderados), pasando pola instauración dun réxime progresista, ata incluso a proclamación dunha república federal(xeración do 46). Tamén supuxo a execución dos líderes militares, denominados pola historiografía romántica Martires de Carral(protagonistas da revolución galega), e o exilio en Portugal dos civis, poñendo fin a esta etapa pronvincialista.
A Cultura Castrexa
Segundo López Cuevillas, a fusión dos elementos que caracterizaban os distintos pobos centroeuropeos e que pasaron pola Galaecia deron lugar á chamada cultura castrexa. Pero non é tan doado clasificar as súas características, xa que os trazos téndense a confundir.
A denominación de cultura castrexa deriva dos castros, que eran as vivendas dos seus poboadores. Esta cultura abrange máis de 1000 anos de historia.
A cuestión do celtismo reflexiona sobre o pasado do noso país. A crenza de que os habitantes que vivían nos castros eran celtas supuxo unha hexemonía no inicio historiográfico e foi denominado por importantes autores galegos como mito fundador da nacionalidade galega.
A cultura castrexa semella dunha fusión dos trazos herdados do Bronce Final coas novas contribucións da cultura hallstática e post-hallstática. Hoxe en día segue discutíndose se os asentamos castrexos son resultado da chegada dos celtas ou foron resultado evolutivo de elementos culturais autóctonos.
Este aínda segue a ser un tema aberto a novas opinións dos prehistoriadores.
O castro foi un espazo defensivo e tamén un lugar de residencia, o primeiro tipo de arquitectura estable de tipo doméstico e non funerario que existiu na historia de Galicia. As vivendas castrexas eran de forma circular ou oval, cadradas ou rectangulares pero asociandose estas últimas ás influencias da romanización. Foron construidas con materias perecedoiros nun principio e máis tarde con pedra.
Existía unha agricultura rudimentaria e un aproveitamento do gando, pero ademáis practicaron o marisqueo e a pesca nas zonas litorais. Tamén explotaban minas. Ademais existían intercambios comerciais ó interior de Galicia e cara o exterior.
Os traballos clásicos presentan á sociedade castrexa como unha sociedade xentilicia, na que a cohesión social viña asegurada polos lazos de sangue e non por unha estructura política asimilable a formas análogas ó Estado(a gens ou gentilitas sería un modelo predominante de integración suprafamiliar).
Pero outros estudios sosteñen que este modelo de organización é válida para toda a Gallaecia.
en conclusión, daquela Galicia tiña unha organización social diferente a o resto da península Ibérica.
A estructura social organizaríase en primeiro lugar a partir da familia seguida pola centuria e finalmente polo populus.
Os habitantes eran politeistas(máis dun cento de deuses). Pero esta relixiosidade non supuxo a existencia de templos nin de grupos de sacerdotes. As prácticas relixiosas eran moi frecuentes e implicaban a realización de sacrificios de animais, e mesmo de persoas.